Saltar ao contido

Os nosos servizos

A nosa experiencia aválanos como especialistas en toda a cadea de produción do servizo de restauración.

Servizos principais

Outros servizos

Ofrecémosche o servizo que precisas

Cociña in-situ

Xestionamos de forma integral a cociña de calquera instalación. O noso persoal encárgase de planificar os menús, xestionar o stock e elaborar os pratos nas mesmas instalacións

XESTIÓN DE CAFETARÍA E RESTAURACIÓN

Xestionamos e provemos a cafetarías e restaurantes de todo tipo de instalacións, dende hospitais a centros culturais ou clubs deportivos.

Catering  eventos

Ofrecemos unha proposta diferenciada para eventos diversos. Coffee breaks, cócteles, comidas ou ceas... Sexa cal for a idea que teñas para obsequiar os asistentes do teu evento, podemos facela realidade.

PROVEDOR INTEGRAL

Proporcionámosche todo o que necesitas para ofrecer o teu servizo de restauración: materias primas, produtos de limpeza... E tamén poñemos á túa disposición o asesoramento na área de Dietética-Nutrición e Xestión de Compras.

COCIÑAS CENTRAIS

Dispoñemos de cociñas centrais onde elaboramos os menús, que posteriormente transportamos mantendo a temperatura óptima e todas as súas calidades. Unha solución pensada para instalacións sen espazo de cociña ou para facela máis eficiente.

vending

Xestionamos a instalación das máquinas de vending e ofrecémosche asesoramento sobre as últimas tendencias do sector para que poidas incluír os produtos que buscan os usuarios.

Delivery

Entre as solucións para as empresas, ofrecemos o servizo delivery para que os traballadores que o desexen poidan encargar diariamente as súas comidas para consumilas no lugar de traballo.

TAKE AWAY

Dispoñemos de formatos de presentación para levar, que permiten axilizar a xestión de cafetarías e restaurantes. Priorizamos o packagingreutilizable e reciclable.

CONSULTORÍA

Poñemos a nosa experiencia e o noso coñecemento á túa disposición. Todos os nosos servizos inclúen un asesoramento personalizado para atopar as solucións que máis se axustan a cada caso.

DESEÑO DE INSTALACIÓNS

Adaptámonos a calquera necesidade e espazo. Por iso contamos con especialistas para deseñar e realizar todo tipo de instalación, dende a cociña en espazos de comedor e cafetaría.

Se queres saber máis sobre os nosos servizos, cubre o formulario de contacto.

×ATENCIÓ: Cookies no configurades en l'idioma actual. Revisa la teva configuració al plugin, gràcies!