Os nosos compromisos
Dietética e nutrición
En Arcasa ofrecemos unha nutrición de calidade a todos os nosos usuarios.
Promovemos os hábitos de vida saudable, cunha alimentación equilibrada, sostible e de proximidade.
O noso departamento de Dietética e Nutrición planifica a alimentación con criterios nutricionais específicos para cada persoa, a partir dunha análise técnica e adaptada ás necesidades específicas de cada un dos nosos usuarios.
Somos sensibles ás necesidades dos colectivos especialmente vulnerables e as nosas dietas inclúen todas as variedades dietéticas e terapéuticas.
- Damos un Tratamento Personalizado no caso de haber alerxias ou intolerancias alimentarias.
- Ofrecemos Asesoramento Nutricional nos sectores escolar, sanitario, sociosanitario e social.
- Promovemos a Dieta Mediterránea, entendida coma un estilo de vida con múltiples valores engadidos, que estimula a produción e o consumo local, fomenta unha agricultura respectuosa co medio ambiente e promove intercambios e iniciativas rexionais.
- Dende o ano 2010 dispoñemos da certificación AMED en todas as cafetarías (primeira empresa de colectividades en conseguila); e da certificación AQUÍ FRUITA SÍ.
- Somos promotores dos proxectos PAASS e PINSAP da Axencia de Saúde Pública de Cataluña e do Proxecto de Revisión de Menús Escolares PREME.
- Fomos recoñecidos co Premio Blanquerna e co premio CoDiNuCaT, e participamos habitualmente en diferentes mesas redondas, fórums e congresos internacionais no ámbito da restauración colectiva.

Calidade e seguridade alimentaria
O obxectivo principal do noso Departamento de Calidade é garantir a seguridade alimentaria durante todos os procesos de produción das nosas cociñas, así como colaborar activamente na implantación de políticas medioambientais.
O noso equipo de técnicos de calidade e seguridade alimentaria vela polo cumprimento do sistema de Análise de Perigos e Puntos de Control Críticos (APPCC) con todas as ferramentas de xestión de control sanitario.
Dispoñemos dun Sistema de Xestión Integral para dar apoio aos procesos, avaliar a actividade que se desenvolve e participar na busca de novos obxectivos e indicadores que nos axuden a mellorar constantemente, sempre tendo en conta o cumprimento da normativa vixente, os requisitos internos e os dos nosos clientes.
Arcasa, unha empresa certificada

Sistema de Xestión de Calidade | ISO 9001

Sistema de Xestión Medioambiental | ISO 14001

Sistema de Xestión de Seguridade Alimentaria | ISO 22000

Seguridade e Saúde no Traballo | ISO 45001
Relación co cliente
En Arcasa cremos que os proxectos e os vínculos que nos unen aos nosos clientes deben estar xestionados dende o principio segundo un modelo que parte dun deseño, dun desenvolvemento e dun seguimento no que o cliente é o protagonista.
Satisfacer as súas necesidades e cumprir cos compromisos que establecemos é unha das nosas máximas prioridades. Por iso, poñemos todo o noso coñecemento de mercado e a nosa profesionalidade ao seu servizo.
Sistema de partenariado co cliente
Construímos proxectos de colaboración, crecemento e mellora continua grazas á complicidade cos nosos clientes. Con vocación de desenvolvemento a medio e longo prazo.
Mellora da experiencia dos usuarios
A nosa filosofía fundaméntase no desenvolvemento de solucións adaptadas ás necesidades específicas de cada usuario para conseguir a súa máxima satisfacción.
Transparencia na xestión
Compartimos co cliente todas as informacións necesarias para poder facer un correcto seguimento da xestión e así crear un medio de confianza.
Cultura integradora de equipos
Adaptámonos a todas as situacións e temos unha gran cultura integradora na xestión dos servizos. Cremos que todas as persoas que interveñen na xestión (tanto o persoal de Arcasa coma o persoal das instalacións) forman parte dun mesmo equipo que debe traballar de forma coordinada e colaborativa.