Saltar ao contido

Empresas

Alimentando o talento

Concibimos a cafetaría-restaurante da empresa coma un espazo ó servizo do persoal; un lugar onde atopar unha oferta gastronómica variada para poder comer de forma saudable durante a semana, pero tamén un espazo diferente onde traballar as ideas. Os nosos comedores son lugares nos que se une o bo comer co talento da empresa.

O teu comedor, a túa imaxe

O comedor da empresa tamén se debe basear nos valores desta e é importante coidar a calidade dos alimentos, do servizo e do deseño do espazo. Entendemos que a empresa vela en todo momento polo benestar dos traballadores e por iso a comida que se ofrece no seu comedor debe ser unha fonte de saúde e de gozo. 

Food&Talent

Creamos o concepto Food&Talent que consiste en crear zonas polivalentes dentro da cafetaría-restaurante porque o entendemos coma un espazo onde se reúnen o talento da empresa e a alimentación. Estas zonas están pensadas para promover a comunicación e o team building. Ademais, hai espazos onde se poden realizar reunións de equipo ou recibir visitas. Todo acompañado dunha oferta gastronómica variada e saudable.

Dixitalización

Proporcionamos ferramentas de comunicación dixital entre Arcasa e a empresa e tamén os seus traballadores. Contamos con pantallas informativas e aplicacións onde se poden consultar os menús, os alérxenos e a información nutricional, así como facer pedidos e encargas take away. Ademais, existe a posibilidade de conectar as nosas aplicacións coas da empresa.

Dinamización do servizo

Temos en conta o traballo que se realiza en cada empresa e adaptamos a oferta ás súas necesidades, sempre seguindo criterios de alimentación saudable. Propoñemos diferentes formatos de presentación e opcións de menú e de pratos. Tamén ofrecemos a posibilidade de organizar xornadas gastronómicas especiais e de elaborar menús temáticos.

Os nosos servizos

Os nosos compromisos

Se queres saber máis sobre os nosos servizos para empresas, cubre o formulario de contacto.

×ATENCIÓ: Cookies no configurades en l'idioma actual. Revisa la teva configuració al plugin, gràcies!