Centros hospitalarios

Máis de 35 anos dando servizo a centros hospitalarios
Alimentación a doentes
O equipo de nutrición de Arcasa, en colaboración co persoal do hospital, encárgase de elaborar os menús adaptados para cada doente, tendo en conta as patoloxías, intolerancias e alerxias, ademais do seu valor nutricional e as súas calidades organolépticas. O noso obxectivo é que poidan gozar dunha comida saudable e que contribúa ao seu benestar.
Comedor dos equipos sanitarios e de apoio
Para o persoal que come diariamente no centro hospitalario, propoñemos unha oferta gastronómica variada, equilibrada e de calidade. A través da alimentación queremos contribuír ao benestar dos profesionais que velan pola saúde de todos.







Cafetarías 5 momentos
Co obxectivo de facer máis acolledoras as cafetarías dos centros hospitalarios, Arcasa creou o concepto 5 MOMENTOS, cunha oferta gastronómica dirixida a satisfacer as necesidades dos diferentes momentos do día nos que se pode precisar o servizo dunha cafetaría. Ademais da nosa proposta de alimentación, ofrecemos un espazo agradable e confortable que facilita a comunicación.
Vending
Coa vontade de ofrecer a máxima diversidade na nosa proposta de alimentación, incluímos nas máquinas de vending opcións saudables e sen glute.