Saltar ao contido

Centros educativos

Facemos medrar o teu Espazo Mediodía

Ofrecemos a xestión integral do Espazo Mediodía, que inclúe a formulación e a elaboración dos menús seguindo os criterios de calidade e nutrición propios de Arcasa, ademais da realización de actividades para que os nenos poidan seguir a desenvolver o seu potencial durante este espazo de tempo.

Alimentación equilibrada e adaptada

Baseamos os menús na alimentación mediterránea e nos produtos de proximidade e de temporada, para ofrecer aos nenos pratos equilibrados que lles acheguen todos os nutrientes que precisan. Así mesmo, adaptámonos ás necesidades de cada alumno, tendo en conta as alerxias e intolerancias, as tradicións relixiosas e os hábitos nutricionais das familias.

Información para os pais e na escola

Poñemos a disposición dos pais e da dirección da escola canais de comunicación áxiles, fluídos e transparentes para informar dos menús e das novidades do servizo. Ari, a personaxe que explica os menús aos nenos, manteravos informados.

Pedagoxía nutricional

Entendemos a nosa tarefa nos centros educativos coma unha oportunidade para contribuír a que os nenos adquiran hábitos de vida saudables. Ari encárgase de transmitir boas prácticas e o noso equipo Dietista-Nutricionista encárgase de dar charlas nutricionais nas escolas.

Os nosos partners

En colaboración cos nosos partners especializados, integramos o proxecto educativo do centro no Espazo Mediodía. Nel buscamos que os nenos adquiran habilidades sociais e emocionais, ademais duns hábitos de alimentación saudables.

Os nosos servizos

Os nosos compromisos

Se queres saber máis sobre os nosos servizos para centros educativos, cubre o formulario de contacto.

×ATENCIÓ: Cookies no configurades en l'idioma actual. Revisa la teva configuració al plugin, gràcies!