Saltar ao contido

Quen somos?

Somos unha empresa de restauración colectiva fundada en 1984. Desde os nosos inicios, a nosa actividade estivo fortemente vencellada aos centros hospitalarios. Isto determinou o noso saber facer, forxado no desafío de proporcionar alimento a millóns de doentes con necesidades moi diferentes. Unha tarefa de gran responsabilidade que seguimos a desenvolver coa mesma ilusión e profesionalidade que nos caracteriza dende o primeiro día.

A complexidade propia da xestión hospitalaria levounos a desenvolver ferramentas de alto valor engadido. Actualmente, contamos cunha infraestrutura capaz de proporcionar calquera solución de restauración colectiva, estándar ou a medida.

Expansión

Co obxectivo de seguir a medrar, Arcasa adquiriu en 2018 Comer SL (Combi Catering), unha empresa aragonesa con 20 anos de experiencia no sector.

Proxecto internacional

Dende 2017, Arcasa forma parte do proxecto internacional Camst Group, unha cooperativa con máis de 70 anos de historia que opera no sector da restauración para colectividades e conta con empresas en Alemaña, Dinamarca, España e Italia.

Esta integración facilita a adaptación a un contexto cambiante e permítenos seguir a ofrecer a calidade de sempre, con solucións creativas e fiables.

Arcasa en cifras

+ 0 .000
menús / día
+ 0 00
traballadores
+ 0
centros

Facturación

2016

40,7 M€

2017

54,0 M€

2018

54,8 M€

2019

57,3 M€

Presenza en España

×ATENCIÓ: Cookies no configurades en l'idioma actual. Revisa la teva configuració al plugin, gràcies!