Saltar ao contido

Misión

Ofrecer un servizo de alimentación fóra da casa, cos niveis máximos de calidade, co obxectivo de mellorar o benestar da sociedade, grazas a dietas equilibradas e deseñadas a partir dunha coidadosa selección de materias primas e co máximo respecto do medio ambiente.

Visión

Ser referentes do mercado da alimentación fóra da casa.

  • Pola paixón e a atención no servizo
  • Pola calidade da oferta gastronómica
  • Pola experiencia innovadora e personalizada
  • Pola accesibilidade, cunha comunicación transparente e dixital
  • Pola atención ao benestar e á saúde dos usuarios e consumidores
  • Pola formación continua do noso persoal
  • Pola actuación responsable co medio ambiente e socialmente sostible

Valores

Compromiso

Implicámonos ao máximo en calquera dos nosos proxectos para establecer relacións duradeiras cos clientes e co noso equipo de traballo.

Excelencia

Buscamos a excelencia en todo o que facemos. Con transparencia, ética e respecto polas normas vixentes.

Calidade e seguridade

Rigor na calidade e na seguridade hixienicosanitaria dos produtos e servizos que ofrecemos.

Responsabilidade

Coa sociedade, co medio ambiente e co territorio no que operamos.

Coidamos das persoas

Poñemos o benestar das persoas, tanto dos clientes coma dos traballadores, no centro da nosa actividade.

Tradición con innovación

Mantemos o valor da tradición, engadindo as tecnoloxías e os procesos máis avanzados para ofrecer sempre o mellor produto e servizo.

×ATENCIÓ: Cookies no configurades en l'idioma actual. Revisa la teva configuració al plugin, gràcies!